Powered By Blogger

martes, 9 de maio de 2017

                               
                  Literatura Alemá
 



Idade Media (século XIII).


Na idade media en Alemaña a transmisión literaria era principalmente oral, e os textos escritos en manuscritos  en latín conservados maioritariamente en mosteiros. Os textos da  literatura alemá da idade media son os máis antigos de toda a literatura.

 "Cantar dos Nibelungos”: É un poema épico datado na  Idade Media de orixe xermánico e de autor anónimo. Esta composición reúne un conxunto de lendas que recollen acontecementos históricos e mitos dos pobos xermanos. O protagonista da obra é Sigfrido que conquista o tesouro dos Nibelungos tras matar ao dragón que o custodia. Para volverse invulnerable, báñase no sangue do dragón. Unha folla caída dunha árbore sobre as súas costas impide que esa zona sexa mollada polo sangue, polo que se converte no seu único punto débil. Sigfrido namórase de Krimilda, para conseguila, debe axudar ao irmán desta -Gunter- a conseguir a man de Brunilda. Efectivamente, supera todas as probas necesarias, polo que Gunter casarase con Brunilda, e Sigfrido con Krimilda. Pasado o tempo, Brunilda decátase da axuda de Sigfrido a Gunter e manda matar a Sigfrido, que caerá ferido no seu punto vulnerable. Ao morrer Sigfrido, Krimilda planea a súa vinganza; para iso, cásase con Atila
e loita na batalla, onde morre tras matar ao seu irmán Gunter e a Hagen, o asasino de Sigfrido.     


Barroco  (Século XVII).

Lírica

Na lírica as formas de verso máis importantes foron a oda, o soneto e os epigramas. A forma métrica máis importante era o verso alexandrino. A temática divídese en tres grandes grupos: evanxélica, relixiosa e mundana. A poesía estaba influenciada por Petrarca e a bucólica pastoril.
 
Novela

A novela barroca alemá divídese principalmente en tres grandes bloques temáticos: novela pastoril, novela de estado e a novela cortés galante. A novela alemá está influenciada pola novela picaresca, orixinaria de España.

Martin Opitz (1597-1639).

Martin Opitz foi o pai da poesía alemá. Cultivou numerosos xéneros: poesía relixiosa, poesía didáctica, poesía consoladora…. Introduciu a medición de poemas por sílabas.

-   Aristarcus : Esta obra mostra que o alemán posúe todas as cualidades de lingua.


-  Buch von der deutschen poetery : Obra poética fundamentada nos principios de Horacio, Ronsard e Joachim du Bellay. Denunciou os vulgarismos introducidos na lingua.


Hans Jakob Christoph von Grimmelshausen.


-    O aventureiro Simplicissimus (1668): Novela picaresca de carácter autobiográfico.

-   A pícara coraxe : Trata temas sociais, a réplica anti machista e o papel da muller na guerra.


-   O milagreiro do niño do paxaro.


Ilustración (Século XVIII).

A ilustración alemá do século XVIII destaca pola súa forma de pensamento racional, lóxica e decidida.

Media Johann Christoph Friedrich Schiller (1709-1805).

Friedrich Schiller foi dramaturgo , poeta e historiador. Amigo do importante escritor Goethe. Nas súas obras profundizou no mundo clásico, grego, ambientadas na cidade de Weimar. Defendeu a educación artística.

Obras:

Os bandidos, María Stuart, Intriga e amor.

Resultado de imagen de oda a la alegria schiller
-   Oda a Alegría (1785): Poema de carácter romántico. Esta obra trata da exaltación, a invitación á vida, e está dirixida a humanidade. O seu tema principal é o enfrontamento da alegría e a liberdade co tráxico destino. 

- Beethoven descubriu esta obra e inspirouse nela para crear o Himno da alegría, a Novena e última sinfonía. Actualmente é o himno da Unión Europea.

- Guillermo Tell é unha das súas obras máis importantes. O drama trata a loita contra a tiranía da época, levando aos cantóns suízos a súa Independencia. A obra ten 5 actos.                       

Himno da alegría:




 Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832).

Resultado de imagen de goetheFoi un poeta, dramaturgo e científico alemá. Encargouse de dirixir o teatro Weimar. Pertenceu tanto a etapa da Ilustración coma o Romanticismo. Goethe foi un dos autores alemás máis influentes na literatura universal.

Sturn und Drang foi unha corrente nada en Alemaña que une a razón e o concepto de idealismo cos sentimentos.


-    Fausto (1807): É unha obra de carácter tráxico e dialogada, escrita para ser lida como a Celestina e non representada. A traxedia narra a historia Fausto un vello que vende a súa alma ao demo, participando nunha serie de aventuras.


Romanticismo (Século XIX).

O Romanticismo alemá caracterízase pola oposición ao clasicismo e a racionalidade. O arte está baseado na liberdade,  no sentimento e na espontaneidade. O pobo a alemá recupera o espíritu orixinario do pobo panxermánico.


Os irmáns Grimm, Jakob Grimm (1785-1863) e Wilhelm Grimm (1786-1859).

 Os irmáns Grimm foron dous escritores alemáns  que destacaron polos seus contos. A súa intención era investigar sobre lendas e estudar a linguaxe.


Contos do fogar:

 O gato con botas                                                                             Carapuchiña vermella

O lobo e os sete cabritiños                                                               Hansel e Gretel


Particularismo e Realismo.

Theodor Fontane (1819-1898).


Theodor Fontane foi un escritor  periodista e crítico teatral alemán. É o maior representante do Realismo alemán. Principalmente escribiu libros teatrais e baladas populares.

-    Effi Briest (1895): A novela trata dunha xoven muller oprimida na sociedade da época, que tenta romper os convencionalismo do seu redor. Foi comparada con Madame Bovary e Anna Karenina.

-    Antes da tormenta (1878): A novela situase en Berlín e Branderburgo, cuestiona o valor e vixencia da sociedade aristócrata prusiana.


"A granxa forestal de Hoppenmarieken apenas fcuberta nos seus arredores pola inexistencia dun espido camino. Este camino, visto sempre como algo alleo, situábase en ándulo recto co pobo, uns cen metros detrás da granxa comenza a ascender cara ao outeiro, na liña paralela tantas veces mencionada, a modo de camino de entrada á mansión Nussbaumalle. Era o barro pobre de Hohen-Vietz, onde estaban aloxados todos os depravados e marxinados da sociedade, convertíase nunha especie de campamento xitano, sen que o gobernó do pobo se preocupase dabondo por estes individuos. Sempre foi así, e só se interviña cando fose necesaria a mediación dalgún castigo ou admonición."
                                                                                     
                                                                                                                                                                Antes da tormenta,



Século XX.

Thomas Mann (1875-1955).

Thomas Mann foi un escritor e ensaísta alemán. Participou activamente en programas antifascistas e exiliouse en Suíza. Recibiu en 1929 o Premio Nobel de Literatura pola súa novela ” A montaña máxica”.

-    A montaña máxica (1924) : A montaña máxica, conta a historia dun estudante de enxeñería que planea visitar a un curmán enfermo nun sanatorio suízo con obxecto de facerlle compañía por espazo de tres semanas, que finalmente transfórmaranse en sete anos. Durante este tempo o protagonista, Hanz Castorp, poñerá, en oposición á medicina, o seu particular punto de vista sobre a fisioloxía humana, namorarase e trabará una relación con multitude de interesantes personaxes, cada un coa súa forma de ser e ideoloxía política. A través de todo iso, Mann fai un repaso da civilización europea contemporánea. A novela, que comezou a escribir en 1913, amosa a súa evoluvión ideolóxica durante aqueles anos: rematada a guerra retomou a redacción reescribindo todo o material anterior e incorporou o impacto que lle produciu a experiencia bélica que atravesara Alemaña.

-  "A morte en Venecia" (1912): "A norte en Venecia" conta a historia do escritor Aschenbach en Venecia, onde namora dun mozo polaco, Tadzio. Alí contrae unha infermidade que remata coa súa norte. O autor desta obra pretende dar a coñecer a vida burguesa da época.

Ningún comentario:

Publicar un comentario